Programa de Rumbo de Colisión

Avance programación
RUMBO DE COLISIÓN
Festival Solidario coa Cultura Marítima do Salnés
17º ANIVERSARIO DO CLUBE MARIÑO SALNÉS







PROGRAMA


Salón de Peña. O Borrón. San Tomé. Cambados
Sábado 21 de febreiro. 
(Sábado de Piñata)








18:00h:  Varada de embarcacións Tradicionais na praia de San Tomé e izado das velas. 

18:00h: Inicio actividades de animación fronte o Salón de Peña:

·       Xogos Populares en colaboración co Concello do Grove.

·   Paripoflexia: “O Asteroide de papel”. Espectáculo de teatro infantil a cargo da Compañía Nelson Quinteiro (Caldas de Reis)*.

·    Aparello dunha embarcación Tradicional a cargo da Asociación A Torre de Cambados e explicación en vivo das técnicas de pesca artesanal e a navegación tradicional.

19.00h. Proxección documental 17º Aniversario do CMS e exposición “O Mar de Cambados” da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados.

19.30h: Pasarúas a cargo do Grupo de Percusión de Santiago de Compostela: Trópico de Grelos.

21:00h: Presentación Festival e inicio dos Concertos Musicais.


(*)  A Compañía Nelson Quinteiro presenta en Cambados o sábado 21 de febreiro dentro da programación do Festival RUMBO DE COLISIÓN o espectáculo teatral: “Papiroflexias, O asteroide de papel"


Obra/Espectáculo: PAPIROFLEXIAS!
Autor: Nelson Quinteiro - Koldobika Gomila
Dirección: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Escenografía: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Deseño iluminación: Nelson Quinteiro
Vestiario: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Coreografía: Nelson Quinteiro, Iván Villar e Ademar Silvoso
Elenco artístico: Ademar Silvoso (Julius) e Nelson Quinteiro (Augustus)
Da man de Nelson Quinteiro e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións concebido para nenos e nenas de 6 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato transfondo ecolóxico.

SIPNOSE:

Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel. Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614. O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.
Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores.
É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe: Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!


Nos seguintes días iremos ampliando información sobre cada unha das actividades do programa así coma dos grupos de música que van a actuar.

Agardamos contar coa vosa presencia
Saúdos mariñeiros

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pinta, despinta, pega, e colorea