Xornada Solidaria co Pobo Sirio


Este pasado sábado 26 de marzo, voluntarios do Clube Mariño Salnés adicaron a xornada a clasificar, embalar e etiquetar toda clase de material de axuda humanitaria para as vítimas da guerra en Siria. 

material recollido: 42 caixas en total
3 caixas de alimentación infantil, 5 caixas de cueiros, 7 caixas de produtos de hixiene persoal, 4 caixas de material sanitario, 10 caixas de xoguetes, 4 caixas de mantas, 8 caixas de alimentación (en bolsa e lata), 1 caixa de material escolar e unha tenda campaña.




Soci@s, amig@s e colaboradores do Clube Mariño Salnés.

A idea xurdiu ao comezo da Semana Santa, e pronto fixemos un chamamento aos socios para recoller todo aquel material que puidese servir de axuda. Ao mesmo tempo, a nosa Bea, como coordinadora desta iniciativa, púxose en contacto con distintos puntos de recollida na provincia de Pontevedra de onde obtivemos o listado de material que se precisaba e como tiñan que ser ordenadas e etiquetadas as caixas.

Recepción de material da Casa Mariñeira de San Tomé.
 
Ordeando e etiquetando o material.



Pronto tamén, decantámonos por colaborar coa Asociación de Axuda co Pobo Sirio, que conta cunha experiencia de 5 anos traballando dende o inicio do conflito, centrando os seus esforzos dende o interior do país para logo distribuír a axuda por todo o territorio, polos centros hospitalarios e tamén cara os campos de refuxiados.



Non foi dende logo unha xornada festiva tendo en conta a motivación do evento, pero si podemos dicir que gozamos coa colaboración e foron numerosas as mostras de apoio e solidariedade que recibimos durante todo o día.





 
 





 



 
 




 Se importante foi a achega dos propios socios, amigos e coñecidos, tamén o foi a das persoas que pasaban por diante da Casa Mariñeira en San Tomé (local cedido polo Concello para esta causa) e por suposto a doazón de material sanitario das farmacias da Illa de Arousa, Ribadumia e Cambados.


 










E logo de preparar todo o material de acordo as instrucións recibidas, un voluntario do Clube Mariño Salnés ofreceu a súa furgoneta para trasladar o material até o punto de recollida en Cangas e alí se dirixiron varios socios do CMS xa a tardiña para facer a entrega:


 
Durante esta semana tamén nos puxemos en contacto co concelleiro de Servizos do Concello de Cambados que xa amosou publicamente o seu compromiso coa causa, habilitando a Casa Mariñeira de San Tomé como Punto de Recollida de material humanitario para Siria.

Días de recollida: mércores, venres e sábados.
Horarios: mércores e sábados de 11,00h a 13,00h e venres de 19,00h a 21,00h

 Información aparecida na prensa:
 La Voz de Galicia.






 Agradecementos:
Socios, amigos e colaboradores do Clube Mariño Salnés.
AAPS (Asociación de Apoio ao Pobo Sirio)
Concello de Cambados
Bea Costa. La Voz de Galicia
Farmacias da A Illa de Arousa, Ribadumia e Cambados.
e doantes anónimos.

A todos, en nome do Clube Mariño Salnés, MOITAS GRAZAS.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pinta, despinta, pega, e colorea