Clube Mariño Salnes

Conservando o Patrimonio Marítimo de Cambados dende 1998

sábado, 17 de diciembre de 2016

CESTÓN DE NADAL DO CMS

Xa está exposta a cesta de Nadal na Taberna Triana de Fefináns (antigo bar Cruceiro).
Alí mesmo podedes adquirir as vosas rifas até o martes 20 de decembro, ou tamén solicitándoas aos moitos socios e colaboradores do CMS que estes días andan pola vila vendendo as rifas deste "CESTÓN DE NADAL".

Conservas da maior calidade, albariños, marisco (vieiras, centolos, bois, ameixas, zamburiñas...), xamón, queixo, turróns, doces de Nadal e até unha cafetera express, conforman unha cesta espectacular que podedes ver na Taberna Triana.






Sorte, e se non vos toca, sabedes que estades a colaborar co mantemento do noso patrimonio marítimo.
agradecementos a todos os nosos patrocinadores e colaboradores.

dende o CMS
BO NADAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario