Xornada Solidaria co Pobo Sirio
Este pasado sábado 26 de
marzo, voluntarios do Clube Mariño Salnés adicaron a xornada a clasificar,
embalar e etiquetar toda clase de material de axuda humanitaria para as vítimas
da guerra en Siria.
material recollido: 42 caixas en total
3 caixas de alimentación infantil, 5 caixas de cueiros, 7 caixas de produtos de hixiene persoal, 4 caixas de material sanitario, 10 caixas de xoguetes, 4 caixas de mantas, 8 caixas de alimentación (en bolsa e lata), 1 caixa de material escolar e unha tenda campaña.
A idea xurdiu ao comezo da
Semana Santa, e pronto fixemos un chamamento aos socios para recoller todo
aquel material que puidese servir de axuda. Ao mesmo tempo, a nosa Bea, como
coordinadora desta iniciativa, púxose en contacto con distintos puntos de
recollida na provincia de Pontevedra de onde obtivemos o listado de material
que se precisaba e como tiñan que ser ordenadas e etiquetadas as caixas.
Recepción de material da Casa Mariñeira de San Tomé. |
Ordeando e etiquetando o material. |
Pronto tamén, decantámonos
por colaborar coa Asociación de Axuda co Pobo Sirio, que conta cunha
experiencia de 5 anos traballando dende o inicio do conflito, centrando os seus
esforzos dende o interior do país para logo distribuír a axuda por todo o territorio,
polos centros hospitalarios e tamén cara os campos de refuxiados.
enlace youtube: entrega de material á poboación
Non foi dende logo unha
xornada festiva tendo en conta a motivación do evento, pero si podemos dicir
que gozamos coa colaboración e foron numerosas as mostras de apoio e
solidariedade que recibimos durante todo o día.
Se importante foi a achega
dos propios socios, amigos e coñecidos, tamén o foi a das persoas que pasaban
por diante da Casa Mariñeira en San Tomé (local cedido polo Concello para esta
causa) e por suposto a doazón de material sanitario das farmacias da Illa de
Arousa, Ribadumia e Cambados.
E logo de preparar todo o material de acordo as instrucións recibidas, un voluntario do Clube Mariño Salnés ofreceu a súa furgoneta para trasladar o material até o punto de recollida en Cangas e alí se dirixiron varios socios do CMS xa a tardiña para facer a entrega:
Durante esta semana tamén
nos puxemos en contacto co concelleiro de Servizos do Concello de Cambados que
xa amosou publicamente o seu compromiso coa causa, habilitando a Casa Mariñeira
de San Tomé como Punto de Recollida de material humanitario para Siria.
Días de recollida:
mércores, venres e sábados.
Horarios: mércores e
sábados de 11,00h a 13,00h e venres de 19,00h a 21,00h
Información aparecida na prensa:
La Voz de Galicia.
Agradecementos:
Socios, amigos e colaboradores do Clube Mariño Salnés.
AAPS (Asociación de Apoio ao Pobo Sirio)
Concello de Cambados
Bea Costa. La Voz de Galicia
Farmacias da A Illa de Arousa, Ribadumia e Cambados.
e doantes anónimos.
A todos, en nome do Clube Mariño Salnés, MOITAS GRAZAS.
Comentarios
Publicar un comentario