Entradas

Mostrando entradas de 2015

Mariña Tradicional para a flota de Cambados

Imagen

A Julicheira de voda

Imagen
Esta fin de semana, a nosa dorna polbeira Julicheira, vaina pasar na terraza do Gran Hotel da Toxa, como estrela convidada dunha voda de alto copete.  Con tal motivo, onte quedou varada fronte ao Gran Hotel, co istmo da Lanzada a unha banda, e a Ría de Arousa na noutra..., que máis se pode pedir? Vista exterior do antigo Gran Hotel da Toxa   Imaxinamos que o sábado (día da cerimonia), os convidados ao enlace matrimonial fartaranse de quitarlle fotos; e o noso Miguel (contratado para atender a dorna en todo momento), explicaralles as características e a impronta desta tipoloxía de embarcación tradicional, tan senlleira da nosa cultura mariñeira.   Operación de varada:     Dentro das nosas posibilidades e coñecementos, pensamos que a Julicheira e o CMS, imos estar á altura das circunstancias para representar o traballo de conservación do patrimonio marítimo que levan facendo, dende hai anos, as moitas asociacións de cultura marítima da Ría de Arousa.  Desta vez

Nova sede

Imagen
Este sábado estreamos sede en Tragobe. Logo de 17 anos ocupando un baixo na escalinata de San Tomé, agora afrontamos unha nova etapa no departamento n.º 57 do porto de Tragobe, moi preto da lonxa, e fronte mesmo da nova nave de descarga de moluscos da Xunta de Galicia. Lonxa. Porto de Tragobe, Cambados Para que vos fagades idea de onde andamos agora, aquí van dúas fermosas imaxes da foto-xornalista Mónica Irago, tomadas dende Tragobe na pasada campaña da vieira: A nova sede ten, coma todo, as súas vantaxes e tamén, os seus atrancos. E, se por unha banda gañamos en espazo dispoñible -mesmo para invernar as embarcacións-, por outra banda, é certo que imos botar de menos a escalinata, a rampla de varada e a praia de San Tomé. E, sobre todo, aos veciños deste barrio que sempre nos amosaron o seu cariño por coidar dos barcos vellos. Vista da ribeira de San Tomé dende o antigo porto de San Tomé   Fronte a antiga alameda de San Tomé Arranxando

Rumbo de Colisión: Cartel e programa

Imagen
  COMEZA A CONTA ATRÁS SÁBADO 21 DE FEBREIRO. SALON DE PEÑA. CAMBADOS   O PROGRAMA: Como non podía ser doutra maneira, o FESTIVAL DE CULTURA MARÍTIMA: RUMBO DE COLISIÓN , dara comezo as 18.00h cunha Varada de Embarcación Tradicionais na praia de San Tomé. Por iste motivo convocamos a todas as asociación de cultura marítima para que vos acheguedes a Cambados coincidindo coa marea chea para varar na praia, izar as velas e compartir con nós un día de Festa con exposicións, actividades infantís, obradoiros, teatro e música..., moita música. Seguiremos coas actividades para os pequen@s con xogos, obradoiros e teatro: Os Xogos Populares , realízanse en colaboración coa Concellaría de Xuventude do Concello de O Grove , que presenta até 25 xogos populares e tradicionais: bolas, picas, espigos, ringleiras..., aquí van algúns. CONTAMOS CON VOS! Tamén montaremos un OBRADOIRO DE CULTURA MARIÑEIRA que desen