A Julicheira de voda
Esta fin de semana, a nosa dorna polbeira Julicheira, vaina pasar na terraza do Gran Hotel da Toxa, como estrela convidada dunha voda de alto copete. Con tal motivo, onte quedou varada fronte ao Gran Hotel, co istmo da Lanzada a unha banda, e a Ría de Arousa na noutra..., que máis se pode pedir? Vista exterior do antigo Gran Hotel da Toxa Imaxinamos que o sábado (día da cerimonia), os convidados ao enlace matrimonial fartaranse de quitarlle fotos; e o noso Miguel (contratado para atender a dorna en todo momento), explicaralles as características e a impronta desta tipoloxía de embarcación tradicional, tan senlleira da nosa cultura mariñeira. Operación de varada: Dentro das nosas posibilidades e coñecementos, pensamos que a Julicheira e o CMS, imos estar á altura das circunstancias para representar o traballo de conservación do patrimonio marítimo que levan facendo, dende hai anos, as moitas asociacións de cultura marítima da Ría de Arousa. Desta vez