miércoles 30 de marzo de 2011
lunes 16 de agosto de 2010
Cita en Combarro

Esta fin de semana que ven e a concentracion de Combarro. Quen ten idea de ir?. Habera que falar do tema. Se imos por mar ou por terra, cantos imos para inscribir barcos e tripulacions, etc. Se cadra poderiamos vernos o mercores pola tarde.
Poñedevos en contacto
martes 13 de julio de 2010
I VARADA EN SAN TOMÉ
Este sábado que ben, imos facer unha Varada de barcos tradicionais na praia de San Tomé, onde antigamente se varaban as tipoloxías máis abundantes no porto de Cambados: dornas mecas, dornas de tope, racús, lanchas do xeito e sobre todo Gamelas de Cambados.
Estas últimas eran unhas gamelas propias dun porto como Cambados situado no fondo da Ría, con moita seca e especializadas para o marisqueo a flote, se ben tamén se empregaban para a pesca con liña e as chamadas artes menores. Podían chegar até os 6,50m de eslora e aparellaban con vela latina con martelo.

A distribución de cuberta era semellante as dornas, con tilla e cadeira, moi cheas de proa e afiadas na popa, se ben, o espello variaba en función das preferencias do armador. Pero quizás a característica principal era o quillote pronunciado para aguantar pano e evitar a deriva.

Na programación estaba previsto facer a botadura da recuperación dunha destas gamelas desaparecidas dende os anos 50 do século pasado. Pero non vai ser posible, e teremos que agardar un pouco mais de tempo para rematar a construcción, que se fai baixo a dirección do carpinteiro de ribeira Pepe Garrido (Asteleiros Hijos de José Garrido_O Grove). De todolos xeitos é un proxecto en marcha e no que estamos moi ilusionados por devolver á vida unha tipoloxía de barco do que tan só temos a memoria, algunhas fotos antigas da Confraría e a referencia en maquetas realizadas por Oscar Otero.

A Varada, que quere recrear imaxes do século pasado cunha visión de futuro, vai ter unha programación sencilla pero combinada con outras actividades para ese día, escollido especialmente por ser o día de “San Antonio”, patrón da Confraría de Pescadores de Cambados e porque coincide moi ben coa marea.
A programación previa ten como referencia a tradicional Regata dos Faros do Grove, organizada polos compañeiros da Asociación Amigos da Dorna Meca.

Rematada a Regata vaise realizar a travesía O Grove-Cambados para entrar en San Tomé, dar unhas voltas no interior da dársena e de seguido varar os barcos na praia para ir comer as sardiñas donadas pola Confraría de Pescadores que asaremos alí mesmo nas grellas da Comisión de Festas de Santa Margarita. Os amigos da Escola de Teatro estan a preparar algunha sorpresa e tamén andarán por alí os membros do Obradoiro de Cultura Tradicional “A Volandeira”.
Xa despois os que queirades poderedes ir o concerto de TREIXADURA que vai a actuar con motivo da festividade de San Antonio.
Estades todos convidados a agardamos que o pasedes ben. Vémonos no Grove e despois en Cambados.
Saudos a todos.
jueves 17 de junio de 2010
reunion venres 18 as 7.30 da tarde
miércoles 2 de junio de 2010
A nosa filliña, que xa e toda unha muller, volve a disfrutar das augas e os ventos da ría xunto con nos dende o sábado 22 de maio. Logo dos traballiños deste ano, que non foron moitos pero si merecidos, a muller de balboas obtivo a sua liberación o cautiverio xustificado que nos obriga a retela nalgúns momentos. E nesta vez nun entorno con máis encanto que o abúlico espíritu contido no formigón de tragove... o porto de San tomé. Onde meior que frente o noso local social ( a sede ) poderíase desenrrolar un acontecemento tan importante para nos como é a botadura e o seu ritual, algunhas veces máis atribalado que outras (os vesiños poden dan fe disto). E xa que din que unha imaxe vale máis que mil palabras excuso seguir escribindo dando paso o que aconteceu nesa tarde de maio...









