Este sábado estreamos sede en Tragobe. Logo de 17 anos ocupando un baixo na escalinata de San Tomé, agora afrontamos unha nova etapa no departamento n.º 57 do porto de Tragobe, moi preto da lonxa, e fronte mesmo da nova nave de descarga de moluscos da Xunta de Galicia. Lonxa. Porto de Tragobe, Cambados Para que vos fagades idea de onde andamos agora, aquí van dúas fermosas imaxes da foto-xornalista Mónica Irago, tomadas dende Tragobe na pasada campaña da vieira: A nova sede ten, coma todo, as súas vantaxes e tamén, os seus atrancos. E, se por unha banda gañamos en espazo dispoñible -mesmo para invernar as embarcacións-, por outra banda, é certo que imos botar de menos a escalinata, a rampla de varada e a praia de San Tomé. E, sobre todo, aos veciños deste barrio que sempre nos amosaron o seu cariño por coidar dos barcos vellos. Vista da ribeira de San Tomé dende o antigo porto de San Tomé Fronte a antiga alameda de San Tomé Arranxa...