Entradas

Pinta, despinta, pega, e colorea

Imagen
Logo dos traballos destes últimos meses, a nova sede en Tragobe está lista e por fín puidemos empezar a traballar nos barcos. Andel, banco de taballo e estanterías   Este ano temos traballos dobrados, e se todos os anos hai que pintar, este toca sobre todo facer o contrario, isto é, despintar antes de volver a pintar. Ademais por partida dobre porque se a Muller de Balboas tócalle logo de non espirse dende o 2007, agora a Julicheira tamén ten que quitarse o enfeite para un proceso integral de restauración da clavazón e substituiremos as puntas galvanizadas por remaches de cobre no tingladillo e puntas de cobre para as cadernas.   video 1: Tamén o remolque levou un lavado de cara e tivemos que gastar uns cartos extras para facerlle un berce á Muller de Balboas para poder mexela con máis agarimo se cadra cando temos que movela.  O sitio é pequeno e temos que aproveitar calquera recuncho.      Ademais ...

Xornada Solidaria co Pobo Sirio

Imagen
Este pasado sábado 26 de marzo, voluntarios do Clube Mariño Salnés adicaron a xornada a clasificar, embalar e etiquetar toda clase de material de axuda humanitaria para as vítimas da guerra en Siria.  material recollido : 42 caixas en total 3 caixas de alimentación infantil, 5 caixas de cueiros, 7 caixas de produtos de hixiene persoal, 4 caixas de material sanitario, 10 caixas de xoguetes, 4 caixas de mantas, 8 caixas de alimentación (en bolsa e lata), 1 caixa de material escolar e unha tenda campaña. Soci@s, amig@s e colaboradores do Clube Mariño Salnés. A idea xurdiu ao comezo da Semana Santa, e pronto fixemos un chamamento aos socios para recoller todo aquel material que puidese servir de axuda. Ao mesmo tempo, a nosa Bea, como coordinadora desta iniciativa, púxose en contacto con distintos puntos de recollida na provincia de Pontevedra de onde obtivemos o listado de material que se precisaba e como tiñan que ser ordenadas e etiquetadas as caixas. ...

Mariña Tradicional para a flota de Cambados

Imagen

A Julicheira de voda

Imagen
Esta fin de semana, a nosa dorna polbeira Julicheira, vaina pasar na terraza do Gran Hotel da Toxa, como estrela convidada dunha voda de alto copete.  Con tal motivo, onte quedou varada fronte ao Gran Hotel, co istmo da Lanzada a unha banda, e a Ría de Arousa na noutra..., que máis se pode pedir? Vista exterior do antigo Gran Hotel da Toxa   Imaxinamos que o sábado (día da cerimonia), os convidados ao enlace matrimonial fartaranse de quitarlle fotos; e o noso Miguel (contratado para atender a dorna en todo momento), explicaralles as características e a impronta desta tipoloxía de embarcación tradicional, tan senlleira da nosa cultura mariñeira.   Operación de varada:     Dentro das nosas posibilidades e coñecementos, pensamos que a Julicheira e o CMS, imos estar á altura das circunstancias para representar o traballo de conservación do patrimonio marítimo que levan facendo, dende hai anos, as moitas asociacións de cultura marítima da R...

Nova sede

Imagen
Este sábado estreamos sede en Tragobe. Logo de 17 anos ocupando un baixo na escalinata de San Tomé, agora afrontamos unha nova etapa no departamento n.º 57 do porto de Tragobe, moi preto da lonxa, e fronte mesmo da nova nave de descarga de moluscos da Xunta de Galicia. Lonxa. Porto de Tragobe, Cambados Para que vos fagades idea de onde andamos agora, aquí van dúas fermosas imaxes da foto-xornalista Mónica Irago, tomadas dende Tragobe na pasada campaña da vieira: A nova sede ten, coma todo, as súas vantaxes e tamén, os seus atrancos. E, se por unha banda gañamos en espazo dispoñible -mesmo para invernar as embarcacións-, por outra banda, é certo que imos botar de menos a escalinata, a rampla de varada e a praia de San Tomé. E, sobre todo, aos veciños deste barrio que sempre nos amosaron o seu cariño por coidar dos barcos vellos. Vista da ribeira de San Tomé dende o antigo porto de San Tomé   Fronte a antiga alameda de San Tomé Arranxa...